CRTVG

Buscar

En Italia aumentan os novos contaxios nas últimas 24 horas

Publicado o 23/04/2020 08:59

En Italia xa morreron máis de 25.000 persoas por causa do coronavirus.
Nas últimas 24 horas, rexistráronse 430 mortes e houbo unha repunta no número de contaxios novos, aínda que baixou o total de positivos activos. O Goberno italiano decretou o confinamento ata o 3 de maio. Agora prepara o plan para a reapertura do país a partir do día seguinte.

Noticias web

23/04/2020