CRTVG

Buscar

Israel suprimirá a máscara no interior e só manterá obrigatorio o seu uso nas escolas

Publicado o 07/06/2021 09:02
Israel suprimirá a máscara no interior e só manterá obrigatorio o seu uso nas escolas

Israel suprimirá a obriga de levar máscara nos espazos interiores. O ministro de Sanidade israelí anunciou que o próximo 15 de xuño se eliminará esa norma. O uso da máscara limitarase ás escolas. Dende o 18 de abril tampouco é necesario empregala ao aire libre. Israel xa comezou a vacinar os menores de 12 a 16 anos. Nas últimas 24 horas só se detectaron catro novos casos no país.

Noticias web

07/06/2021