CRTVG

Buscar

Israel recupera o uso da máscara nalgunhas zonas tras dous novos gromos

Publicado o 20/06/2021 13:48

Faltan seis días para a retirada das máscaras en exteriores aquí en España, esta mesma semana adiantáronse na decisión outros países da Unión Europea como Francia, e hoxe mesmo coñecemos que Israel, pioneiro na retirada das máscaras en exteriores, volve impoñer o seu uso nalgunhas zonas do país. O motivo é o aumento de contaxios e dos gromos, sobre todo en escolas.

Así, desde hoxe, volve ser obrigatorio levar a máscara tanto en interiores coma en exteriores nos centros educativos de certas áreas. Israel foi un dos primeiros países do mundo en retirar a práctica totalidade das medidas adopatadas fronte á pandemia.

O país conta cunha das taxas de incidencia máis baixa e ten practicamente inmunizada a totalidade da poboación.

Noticias web

20/06/2021