CRTVG

Buscar

Israel elimina a obriga de levar máscara en interiores

Publicado o 15/06/2021 12:26
Israel elimina a obriga de levar máscara en interiores

Israel eliminou o uso obrigatorio da máscara en espazos interiores, salvo nos voos de avión, institucións de benestar social ou xeriátricos. O uso da máscara en bares, comercios, transporte ou centros de traballo era xa pouco habitual. Os israelís xa non estaban obrigados a cubrir a boca en áreas abertas desde mediados de abril.

O país ten unha cifra moi baixa de contaxios e está case sen restricións tras acometer unha rápida vacinación da poboación. Máis de 5,1 millóns de persoas xa recibiron as dúas doses e xa se comezou a vacinación entre adolescentes de 12 a 15 anos. 

Onte realizáronse máis de 30.000 tests e tan só se detectaron 25 novos casos. Hai 220 persoas con coronavirus e 29 están ingresadas en estado grave.

Noticias web

15/06/2021