CRTVG

Buscar

Israel é o primeiro país que comezará a subministrar unha terceira dose da vacina de Pfizer

Publicado o 31/07/2021 22:57

Israel é o primeiro país que comezará a subministrar unha terceira dose da vacina de Pfizer. A partir de mañá domingo, os hospitais e os centros de saúde, permitirán que a poboación maior de 60 anos, que recibiron a segunda dose hai máis de 5 meses, sexan inoculados cunha terceira, ante o risco que presenta a variante delta do coronavirus. Hai pouco máis de dúas semanas, que o Ministerio de Sanidade israelí, autorizara tamén a administración de unha terceira dose a adultos inmunodeprimidos.
Segundo a farmacéutica, a vacina de Pfizer perde eficacia aos seis meses, pero segue evitando a enfermidade grave.



 

Noticias web

31/07/2021