CRTVG

Buscar

Israel é o primeiro país do mundo en autorizar a terceira dose da vacina contra a covid aos maiores de 60 anos

Publicado o 30/07/2021 21:38
Israel é o primeiro país do mundo en autorizar a terceira dose da vacina contra a covid aos maiores de 60 anos

Israel é o primeiro país do mundo en autorizar a terceira dose da vacina contra o coronavirus aos maiores de 60 anos. Ante a nova vaga da pandemia provocada en gran medida pola variante Delta, as autoridades sanitarias deron luz verde a este reforzo para esta franxa de idade. Unha decisión que chega 15 días despois de que inocularan esta terceira dose aos inmunodeprimidos para fortalecer as súas defensas. 

Noticias web

30/07/2021