Israel decreta un segundo confinamento nacional
Publicado o 18/09/2020 18:27

Israel comezou hoxe un novo confinamento nacional de tres semanas. É o primeiro país en tomar a decisión nesta segunda vaga da pandemia. A poboación non pode afastarse máis dun quilómero do seu domicilio e pechan escolas, hoteis, centros de lecer e comercios non esenciais.
O Goberno anunciou que só levantará a corentena total cando mellore o nivel de transmisión. Este xoves Israel volveu superar os 5.000 contaxios diarios.