CRTVG

Buscar

Israel celebrará eleccións por cuarta vez en dous anos ante a falta de acordo entre Netanyahu e Gantz

Publicado o 22/12/2020 23:34
Israel celebrará eleccións por cuarta vez en dous anos ante a falta de acordo entre Netanyahu e Gantz

O Parlamento israelí disolveuse hoxe, anunciou o seu presidente, Yariv Levin, levando o país a outros comicios, tras finalizar sen lograrse o prazo para aprobar un orzamento por unha crise irresoluble entre Benjamin Netanyahu e o seu socio de Goberno, Beny Gantz.

A falta de acordo entre os dous socios derivou na disolución automática da Cámara esta medianoite (10:00 GMT), polo que a lexislatura queda esgotada e Israel deberá ir ás súas cuartas eleccións en só dous anos, que se espera que se celebren en marzo.

Noticias web

22/12/2020