CRTVG

Buscar

Israel intensifica os ataques sobre Gaza e destrúe unha torre con medios internacionais

Publicado o 15/05/2021 19:33

 

 

O exército de Israel non cesa os seus ataques por terra e aire sobre Gaza e nas últimas horas destruíu un edificio que alberga medios internacionais. Derrubou unha torre de 12 andares, sede da axencia de noticias estadounidense Associated Press e da canle de televisión catarí Al Jazeera.

Hamas e as súas infraestruturas estratéxicas en Gaza son o obxectivo dos ataques aéreos de Israel. Estas imaxes corresponden ao bombardeo dos servizos de Seguridade de Hamas, comandados por Abu Naim. Segundo o goberno israelí, usábanse para o control e mando da loxística militar desta organización. Non trascendeu se Abu Naim, todo un referente das milicias, foi afectado polas bombas.


A violencia non deixa de escribir novos capítulos e esta sábado notificábase a morte de dez civís palestinos, oito deles nenos, ademais de vinte feridos. Foi no ataque a unha casa no campo de refuxiados de Al Shati, ao norte de Gaza. Ao mesmo tempo rexistráronse incidentes violentos nas últimas horas en Nablús, Ramala, Hebrón ou Yenin. Esta mañá tamén soaron as sereas antiaéreas en varias ciudades israelís. Desde a faixa de Gaza lanzáronse varios foguetes por parte das milicias propalestinas.

Hamas reitera que están preparada para un cesamento do fogo recíproco tras o lanzamento de case dous mil foguetes contra territorio xudeu. Isarel insiste en que non cesará nos seus ataques e alude a que antes imporá a orde nos territorios ocupados. O balance de baixas é moi desigual: morreron máis de 130 palestinos e nove israelís.

 

Noticias web

15/05/2021