CRTVG

Buscar

Isabel II rexeita o premio á Anciá do Ano: "Unha é tan vella como se sente"

Publicado o 20/10/2021 19:32
Isabel II rexeita o premio á Anciá do Ano: "Unha é tan vella como se sente"

A raíña Isabel de Inglaterra suspendeu hoxe a súa actividade oficial para descansar uns días, seguindo a recomendación dos seus médicos. Estas que ven son as últimas imaxes da raíña en público. A monarca británica tiña previsto visitar hoxe a provincia de Irlanda do Norte, pero a intensidade da axenda prevista para os próximos días motivou a cancelación da viaxe.

Aos seus 95 anos, Isabel II non perde o sentido do humor: acaba de rexeitar o premio de Anciá do Ano co argumento de que "unha é tan vella como se sente".

Noticias web

20/10/2021