Isabel II acorda "un período de transición" para os duques de Sussex
Un escueto comunicado recolle a decisión da raíña de Inglaterra, Isabel II, de apoiar o seu neto e a muller deste, e permitirá que vivan a cabalo entre O Canada e o Reino Unido. Confesa, porén, que "preferirían que seguisen sendo membros da familia real a tempo completo".
É resultado do cumio que a raíña celebrou esta tarde na súa residencia de Sandrimghan co herdeiro, Carlos de Inglaterra, e os seus fillos para resolver a crise desatada polo máis novo, Henrique, e a súa muller, Meghan Markle. Ambos anunciaron a semana pasada a súa intención de abandonar a actividade pública como membros da familia real e de traballar para seren economicamente independentes.
A familia real abre un período de transición, que a prensa británica cifra nun ano, para acomodar a nova situación e ir reducindo os fondos públicos que recibe a parella. Son, segundo o comunicado, "asuntos complexos que resolver" e para os que se alcanzará unha solución nos próximos dias.
Despois da xuntanza, Henrique, o seu irmán Guillerme e o príncipe Carlos abandonaron a residencia real por separado.