CRTVG

Buscar

Isabel, a muiñeira de Goá, fai unha das mellores fariñas de Europa con trigo autóctono

Publicado o 30/07/2021 15:58

O destino do muíño de Goá era o peche, como lles sucedeu á maioría deles, pero cruzóuselle no camiño Isabel e un cúmulo de casualidades. A xubilación do seu marido coincidiu co ERE en Paradores que a deixou sen emprego e coa enfermidade do muiñeiro da parroquia en que vive a súa nai. Isabel convenceuno de que lle ensinase a moer e, aínda que morreu aos tres meses, ela tirou para adiante apoiada polos veciños. E xa van 5 anos.

Non foi fácil, pero hoxe a fariña que produce é unha das 5 mellores de Europa. A súa sona medrou malia que non pode vender grandes cantidades porque non ten capacidade e o trigo que Isabel prefire non abonda.

Hoxe Isabel é oficialmente a muiñeira de Goá e non o cambiaría por nada do mundo.

 

 

Noticias web

30/07/2021