CRTVG

Buscar

Irlanda libera o pesqueiro de Burela apresado a cambio dunha multa de 1.500 euros

Publicado o 29/08/2021 08:55
Irlanda libera o pesqueiro de Burela apresado a cambio dunha multa de 1.500 euros

As autoridades irlandesas acusaban o palangreiro Valle Fraga con base en Burela de "infrinxir as normas pesqueiras do país" tras descubrir nunha inspección unha esqueira rota.

Permanecía retido desde o venres no porto irlandés de Castletownbere, ao suroeste de Irlanda. Agora soltouno tan só 24 horas despois da captura e de obrigalo a ir a porto e tras pagar unha multa de 1.500 euros. Ás seis da tarde do sábado regresaba a pescar nos caladoiros comunitarios do Gran Sol.

O Valle Fraga, con 15 homes a bordo, era o terceiro barco galego capturado este ano por Irlanda, o segundo na última semana. O vigués Punta Vixía tivo que pagar unha fianza de 105.000 euros e o anterior, o celeirense Punta Candieira, liberouno a cambio dun aval de 170.000 euros.