Irene Pin e Iria Iglesias: "En Amnesia 3.0 imaxinamos unha sociedade sen lembranzas nin intimidade, onde o sistema é un observador implacable"
Publicado o 31/05/2021 17:29
'Amnesia 3.0', ambientada nun mundo distópico, é a primeira webserie interactiva da ficción dixital galega. O espectador pode escoller a que personaxes quere seguir, modificando o punto de vista e o itinerario da historia. A webserie, que se estreou presencialmente en Numax, foi proxecto premiado no Festival Carballo Interplay