CRTVG

Buscar

Irene Bretón Lesmes: "A obesidade é un factor de risco para os pacientes de covid-19"

Publicado o 28/08/2020 13:42

A crise sanitaria da covid-19 sitúanos ante unha sociedade que ten que lidar cos efectos propios do confinamento: condutas alimentarias, sedentarismo, estrés. Cos da propia enfermidade, así como a incidencia nas persoas que padecen enfermidades crónicas. E tampouco nos podemos esquecer dos efectos económicos e sociais.

A doutora Irene Bretón Lesmes é a presidenta da Sociedade Española de Endrocrinoloxía e Nutrición, e fala no Bos días sobre a obesidade neste tempo de pandemia.

España ten 20 millóns de cidadáns con exceso de peso ou obesidade, é o 62% da poboación adulta española. A doutora Bretón explica como nestas persoas aumenta a gravidade da enfermidade se se contaxian de coronavirus: "Tanto a obesidade como a desnutrición aumentan o risco de complicacións e, polo tanto, de mortaldade".



 

Noticias web

28/08/2020