Irene, a historia dunha pioneira do fútbol
Publicado o 15/12/2020 20:46
Os xornalistas e escritores Rubén Ventureira e Juan Luis Cudeiro, nun extraordinario traballo de documentación, tráennos a historia de Irene. A porteira que xogaba con homes, pioneira do fútbol na Coruña. Unha tuberculose acabou coa súa vida cando tiña dezanove anos, pero na historia queda o seu legado, os inicios do fútbol feminino en Galicia.