CRTVG

Buscar

Iratxe García pide o voto para os socialistas por unha Europa das persoas

Publicado o 22/05/2019 11:32

Iratxe García, a número dous da candidatura socialista ao Parlamento Europeo, pediu o voto para o seu partido para que Europa siga avanzando no plano social e para frear a extrema dereita, que quere recortar os dereitos e liberdades.

En Leganés, Iratxe García dixo que só o PSOE pode garantir unha Europa social, unha Europa das persoas e pediu o voto para o Partido Socialista para frear os que queren recortar dereitos e liberdades, os que, dixo Iratxe García, queren levantar muros en lugar de solidariedade.

Noticias web

22/05/2019