CRTVG

Buscar

Ione Belarra presentarase para substituír a Pablo Iglesias á fronte de Podemos

Publicado o 06/05/2021 15:29

Ione Belarra perfílase como a candidata con máis opcións para substituír a Pablo Iglesias á fronte de Podemos. A ministra de Dereitos Sociais dará un paso á fronte e presentará a súa candidatura, que conta con amplo apoio no partido e cumpre co obxectivo dun liderado feminino. 

Tras o abandono de Iglesias, a Executiva de Podemos asumirá as rendas da formación ata que unha nova Asemblea Cidadá elixa secretario xeral. Cousa distinta é o liderado de Unidas Podemos, o espazo político de confluencia con outros partidos, para o que Pablo Iglesias sinalou a vicepresidenta terceira, Yolanda Díaz.