CRTVG

Buscar

Ione Belarra. elixida secretaria xeral de Podemos co 88,69% dos votos

Publicado o 13/06/2021 14:36

Cos versos de Rosalía arrancou a segunda e última xornada da IV Asemblea Cidadá de Podemos na que o fundador do partido estivo moi presente desde o primeiro momento. Un video mostrou os momentos máis relevantes da súa historia política pero sen imaxes de antigos e destacados militantes como Iñigo Errejón.
E as primeiras palabras da súas sucesora á fronte do partido morado tamén foron para Iglesias.

 "Grazas polo que fixeches por este espazo político pero sobre todo polo que fixeches por este país, polo nos país"

Belarra saiu elixida este domingo secretaria xeral de Podemos con algo máis do 88 por cento dos votos. A súa candidatura, que leva como número 2 á ministra de Igualdade Irene Montero, conseguiu 45.753 votos dos 53.443 inscritos que participaron nunha votación á que estaban convocados 139.000 . Belarra comprometeuse a levar o partido o máis lonxe posible, cun liderado coral e feminista.

 "En definitiva, saír a gañar as proximas eleccións xerais e ser a forza que lidere o gobenro de coalición"

Neste asscto de clausura, que se celebrou en Alcorcón, particparon representantes de partidos internacionais, nacionais, de colectivos sociais e de dous ministros do goberno, Alberto Garzón, e vía telemática, a ministra de traballo, Iolanda Díaz,

Noticias web

13/06/2021