Investígase a aparición dun cadáver dentro dun coche en Vilaxoán
Publicado o 04/06/2019 14:35
Investigan a aparición dun corpo dentro dun turismo en Vilaxoán, no concello de Vilagarcía. O vehículo estaba parado moi preto dun supermercado. O levantamento do cadáver produciuse contra a unha da madrugada e foi trasladado ao IMELGA de Pontevedra para identificalo e esclarecer as circunstancias do falecemento.
De momento, todas as hipóteses están abertas e non transcendeu se o corpo presentaba sinais de violencia.