CRTVG

Buscar

Investigan unha trombose nunha muller vacinada con AstraZeneca en Vigo

Publicado o 20/04/2021 16:27

Unha muller de 63 anos está ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo debido a unha trombose despois de ser vacinada con AstraZeneca, segundo fontes da área sanitaria de Vigo.

A paciente está a evolucionar ben, mentres se investiga se se trata dunha reacción adversa producida pola vacina, que sería o primeiro caso que se rexistra en Galicia.

O caso foi comunicado ás autoridades sanitarias, á espera da correspondente investigación polo servizo de Farmacovixilancia da Axencia Española do Medicamento.

En España administráronse máis de tres millóns de vacinas de AstraZeneca, e, segundo datos da pasada semana, hai en estudo unha ducia de trombos raros asociados a trombocitopenia.

 

 

 

Noticias web

20/04/2021