Benidorm suspende e expedienta os agentes que vexaron unha persoa transexual

A Dirección Xeral de Diversidade Sexual e Dereitos LGTBI, dependente do Ministerio de Igualdade, e a Conselleria de Xustiza da Generalitat Valenciana, investiga un vídeo no que dous axentes da Policía Local de Benidorm, Alacante, se gravan insultando e humillando a unha persoa transexual.
A entidade difundiu o vídeo na súa conta de Twitter e cualifica a actitude dos policías de "intolerable". "Está a solicitarse toda a información posible do sucedido pero vaia por diante o noso apoio e solidariedade a esta muller ante a violencia e a transfobia que sufriu", engade no tweet.
Intolerable la actuación de estos policías. Estamos recabando toda la información posible de lo sucedido pero vaya por delante nuestro apoyo y solidaridad a esta mujer ante la violencia y la transfobia que ha sufrido.pic.twitter.com/WoFTuljSwe
— D. G. Diversidad Sexual y Derechos LGTBI (@LGTBIGob) May 1, 2020
A Delegación do Goberno na Comunitat Valenciana confirmou que os feitos se están investigando e, en función do que se determine tras a análise do vídeo, procederase a tomar as medidas correspondentes.
A Conselleria de Xustiza está a investigar os feitos para poder solicitar toda a información sobre este comportamento, que cualificou de inaceptable, e lembrou que a policía debe actuar con proporcionalidade, segundo indicaron fontes deste departamento.
Por outra banda, a Federación Plataforma Trans denunciou "o acto grave de abuso" cara a unha muller trans por parte dun axente de Policía Local, do que foi informado polo Observatorio Valenciano Contra A LGTBIfobia, así como por redes sociais, onde circula o vídeo.
"Non podemos tolerar un ataque tan grave aos dereitos humanos fundamentais e menos aínda se este vén de quen ten a obrigación de facelos respectar e protexelos", segundo manifestou a presidenta da Plataforma Trans, Mar Cambrollé. Esta entidade pide á delegada do Goberno na Comunitat Valenciana e ao Ministerio do Interior a que na maior brevidade posible "depuren responsabilidades e dean exemplo de que España é un país comprometido coa igualdade e a diversidade, onde o odio non ten cabida".
"No podemos tolerar un ataque tan grave a los derechos humanos fundamentales y menos aún si este viene de quienes tienen la obligación de hacerlos respetar y proteger" @CambrolleMarhttps://t.co/ptQT2h6MTD
— Plataforma Trans (@PlataformaTrans) May 1, 2020