Investigan unha carreira ilegal nun polígono de Lugo cuns 30 coches e centos de espectadores
Publicado o 19/02/2019 17:36
En Lugo, no barrio das Gándaras non gañan para desgustos. Despois de ter problemas con okupas, agora a policía investiga unha presunta carreira ilegal en que, ao parecer, se citaron uns 30 coches e centos de espectadores.
A concentración tivo lugar no polígono das Gándaras, sobre o firme dalgunhas das súas estradas aínda son visibles as pegadas das freadas. Aínda que a policía chegou a presentarse no lugar, non puido constatar que se estaba a celebrar unha competición ilegal, pero si a presenza de numerosos coches. Algunhas das testemuñas din que os coches nun treito de dous quilómetros corrían a gran velocidade facendo reviravoltas e derrapaxes.