Investigan un veciño de Pontevedra que facía roubos por encarga
En Pontevedra investigan un veciño desta localidade por presuntamente realizar furtos por encarga. O home, de 57 anos, foi identificado pola Policía Local portando unha bolsa con roupa da que non posuía o tícket de compra. Asemade, comisáronlle unha ganzúa coa que lles quitaba as alarmas ás pezas de roupa e un papel onde levaba anotados os modelos de roupa, talle, cores e nomes das persoas que facían as encargas.
O presunto ladrón por encarga é un veciño da Pontevedra actuaba en diversos establecementos comerciais de cidade e doutras zonas de Galicia. A policía procedeu á súa identificación tras observar un comportamento estraño ao saír dunha tenda.
"Levaba varias pezas de roupa da que non puido achegar un ticket. E tiña unha nota cos talles, pezas e nomes das persoas que facias as encargas", di Manuel Omil, voceiro da Policía Local de Pontevedra.
Durante o rexistro comisáronlle tamén 820 euros e diversos obxectos cos que evitaba a activación das alarmas.
"Interviñemos unha ganzúa especial para descativar alarmas e papel metálico para envolver a roupa e non ser detectada", di Manuel Omil di voceiro da Policía Local de Pontevedra.
Unha modalidade, a de furto por encarga, que non deixa indiferente. Pero ante unha proposta así, como actuarían. "Eu botaríalle un rapapolvos pero non creo que servira de moito", di unha muller. "Eu en principio non, pero se quero unha roupa e non podo acceder a ela e a consigo moi barata, ao mellor si".
O home conta con antecedentes por feitos similares ocorridos no 2018.