Investigan un veciño de Dozón por catro incendios forestais na zona dende abril
Publicado o 07/09/2021 16:27

A Garda Civil investiga un veciño de Dozón ao que vinculan con catro incendios forestais que se produciron nese concello desde o mes de abril.
O home, de 69 anos, foi identificado durante a investigación do incendio que houbo a finais de agosto nos montes de Mosteiro.
As pescudas iniciáronse despois de comprobar a alta actividade incendiaria que había na zona. Como resultado das indagacións, os axentes comprobaron que o investigado fora responsable, polo menos, dun dos incendios. Os outros tres imputáronllos a continuación.