Investigan un tiroteo en plena madrugada en Castrelo de Miño
Foi nunha casa de Prado, situada o pé da estrada que une Ourense con Castrelo de Miño, onde aconteceron os feitos. Esta mañá aínda podían verse alí as pegadas do paso da policía xudicial. A tranquilidade habitual rompeuse onte contra as once da noite: Tiros que saían dun coche contra a casa, e a continuación acontestación dos veciños da vivenda con máis disparos. Despois todos os implicados marcharon nos seus coches a gran velocidade.
Garda Civil e Policía Nacional acodiron a chamada dos veciños. Tamén os bombeiros o detectar a presenza dun gas na casa que fixo que varios dos axentes tiveran que sair da vivenda.
A vivenda levaba só un mes alugada e os veciños apenas coñecían os seus inquilinos.
Os dous vehículos implicados no suceso saíron a gran velocidade en dirección a Ourense. As forzas de seguridade buscan un coche marca Mercedes e un Fiat Estilo Negro, así como a todas as persoas implicadas no tiroteo. Barállase a posibilidade de que puidera tratarse dun axuste de contas, e non hai constancia de que houbera feridos. A operación segue aberta.