Investigan un roubo nunha vivenda de Allariz
Publicado o 09/10/2019 14:37
Os ladróns volveron actuar en Allariz. Desta vez nunha casa da zona urbana. Aproveitando que non estaba ninguén na casa, romperon o cristal da porta do balcón e lograron apoderarse de cartos e de xoias.
A Garda Civil investiga o acontecido, está recabando información dos veciños malia que ao parecer ninguén se decatou de nada. O roubo aconteceu pola noite. Os axentes traballan con varias hipóteses, unha delas que roubo fora perpetrado por delincuentes que se moven por todo o territorio nacional, bandas itinerantes. Por iso, dende a Garda Civil están estes días intensificando os controis por esta zona ante a sospeita de que poidan volver actuar.