CRTVG

Buscar

Investigan un ciberataque en tres empresas de Xinzo de Limia

Publicado o 28/10/2019 14:31

A Garda Civil investiga un ciberataque sufrido por tres empresas de Xinzo de Limia. Os delicuentes encriptaron os sistema informáticos e o correo electrónico e pedíronlles o pago dun rescate ás vítimas para desbloquealos. Esixiron que ese pago fora en bitcoins, unha moeda virtual que non deixa rastro. Os empresarios non aceptaron a chantaxe e puxeron en coñecemento das forzas de seguridade o acontecido.

A Unidade de Delitos Telemáticos da Garda Civil está a traballar para intentar dar cos autores deste ciberataque. Foi a través dun correo electrónico como os delicuentes lles notificaron ás empresas o bloqueo do sistema e de todos os documentos.

 

Noticias web

28/10/2019