CRTVG

Buscar

Investigan un atropelo como posible crime machista en Xaén

Publicado o 12/06/2021 21:17

A Garda Civil investiga como posible crime machista o atropelo a unha muller de 36 anos en Xaén. Os axentes detiveron de madrugada a súa parella que chamou a ambulancia e asegurou que a vítima fora atropelada. Cando a Garda Civil chegou ao camiño rural onde sucederon os feitos a muller xa estaba falecida. Ante a falta de probas de que a morte se producira por un accidente os axentes detiveron o home para tomarlle declaración. Agardan polos resultado da autopsia para determinar se se trata dun novo crime machista.
 

Noticias web

12/06/2021