CRTVG

Buscar

Investigan un acto de vandalismo e profanación contra a capela do campus universitario de Santiago

Publicado o 17/06/2020 11:16

Os danos do ataque son moito máis simbólicos ca económicos. As pintadas xa estaban de antes. Desta volta os vándalos forzaron o acceso ao templo e, unha vez no interior, causaron estragos e profanaron as hostias que había no sagrario.

Para os católicos, o pan consagrado para a eucaristía convértese no corpo de Xesús, polo que a comunidade pastoral cualifica o sucedido de afrenta moi grave. Tanto, que o arcebispo de Santiago, Julián Barrio, celebrará este venres unha misa de reparación na propia capela.

 

Noticias web

17/06/2020