CRTVG

Buscar

Localizan artefactos explosivos en dous aeroportos e unha estación de Londres

Publicado o 05/03/2019 18:08
Localizan artefactos explosivos en dous aeroportos e unha estación de Londres

Investígase en Londres o achado este luns de tres paquetes explosivos enviados aos aeroportos de Heathrow, London City e á estación de tren de Waterloo.

A policía británica informou nun comunicado que existe un vínculo entre os tres dispositivos. Todos estaban nunha bolsa postal branca de tamaño A4 e contiñan no seu interior sobres de papel marrón con burbullas. Confirmouse que nos tres casos se trataba de pequenos artefactos explosivos improvisados. Mesmo abriron un deles e só queimou o sobre. Non houbo feridos e, aínda que se produciron varios cortes no servizo de tren de proximidade, a normalidade recuperouse con celeridade. Ningún dos aeroportos londinienses se viu afectado. 




Noticias web

05/03/2019