Investigan se un veciño das Nogais morreu pola picada dunha abella
Publicado o 18/06/2019 11:41
Investigan se o veciño das Nogais que faleceu nas últimas horas no hospital de Lugo morreu pola picadura dunha abella. O home, ao parecer, tiña unha doenza cardíaca e non presentaba síntomas de sufrir un shock anafiláctico. Tampouco era alérxico.
As primeiras informacións apuntaban como causa da morte a picadura porque antes de desmaiarse o home díxolle á súa muller que o picara unha abella. Será agora a autopsia a que aclare as causas da súa morte.
O home entrou en parada cardiorrespiratoria e foi trasladado en helicoptero ao hospital lugués.