CRTVG

Buscar

Investigan se un home tirou a outro por unha ventá na Coruña logo dunha discusión

Publicado o 05/07/2021 16:26

Na Coruña, un home quedou ferido ao precipitarse á rúa desde a ventá dun primeiro piso. Aconteceu esta fin de semana na rolda de Outeiro.

Segundo unha testemuña, ao home tirouno un compañeiro de piso despois dunha forte discusión. O suposto agresor baixou logo á rúa, roubou o que levaba a vítima nos petos e fuxiu.

As primeiras investigacións da Policía Local apuntan a que a lea estaría relacionada cun asunto de drogas. Unha auxiliar de enfermería que nese intre ocupaba unha mesa nunha terraza próxima atendeu o home ata que chegou a ambulancia e o trasladou a un centro sanitario.

 

 

Noticias web

05/07/2021