CRTVG

Buscar

Investigan se son funcionarios os agresores da subdirectora do cárcere de Villena, en Alacante

Publicado o 08/09/2021 08:12
Investigan se son funcionarios os agresores da subdirectora do cárcere de Villena, en Alacante

En Alacante, investígase a violenta agresión contra a subdirectora de seguridade do centro penitenciario de Villena. Seis encapuchados atacárona cando saía da casa para ir ao traballo.

Foi este luns, a véspera de que a muller declarase nunha investigación interna aberta a tres funcionarios por golpearen un preso que ten unha enfermidade mental. Varios días antes da agresión, a subdirectora denunciou que lle roubaran o teléfono móbil no seu lugar de traballo.

Antes de estar destinada en Villena, a funcionaria agredida traballou no Centro de Inserción Social da Coruña.

Noticias web

08/09/2021