CRTVG

Buscar

Investigan se o rei Xoán Carlos recibiu 100 millóns de euros de Arabia Saudita

Publicado o 05/03/2020 19:58
Investigan se o rei Xoán Carlos recibiu 100 millóns de euros de Arabia Saudita

A Fiscalía de Xenebra, en Suíza, investiga se o rei don Xoan Carlos cobrou 100 millón de euros do rei de Arabia Saudita pola construcción do AVE á Meca. Segundo publica un xornal suizo, investígase se Xoán Carlos I donou unha parte desa suposta comisión a Corinna Larsen. A Fiscalía española xa lle requeriu a Suíza información desta investigación. En España hai abertas dilixencias secretas sobre as supostas comisións na adxudicación do AVE á Meca. Podemos, Esquerra Republicana e Compromís promoverán unha comisión de investigación no Congreso.

Noticias web

05/03/2020