A cepa británica podería estar detrás dos máis de cen contaxios na residencia DomusVi de Carballo
Publicado o 05/02/2021 08:46
En Carballo investigan o que está a pasar na residencia DomusVi. Hai máis de 100 anciás infectados cunha carga vírica anormalmente elevada.
Cento quince persoas contaxiadas dentro da residencia. Entre o día 24 e 30 de xaneiro recoñecían un forte incremento de persoas afectadas. Foron 22 as persoas que faleceron.
Sorprendeu aos traballadores e puxeron todo en coñecemento da Xunta de Galicia.
Levaron a cabo un primeiro informe e todo apunta a unha entrada da variante da cepa británica.