CRTVG

Buscar

Investigan por tenza ilícita de armas o ferido de bala en Valdecorvos

Publicado o 14/04/2021 21:41

No vehículo do que supostamente baixou localizouse unha pistola para a que non dispoñía de licenza. Pero desde este mércores, a súa condición pasou de detido a investigado por un presunto delito de tenza ilícita de armas. O que non cambiou foi o seu estado de saúde. Continúa grave no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, agora sen custodia policial, logo de que o luns aparecera cunha ferida de bala na cabeza tombado neste banco da zona de Valdecorvos, en Pontevedra.

As indagacións seguen o seu curso. O coche do home permanece custodiado en dependencias policiais e haberá que confirmar se a bala que impactou na cabeza se corresponde coas da arma atopada no vehículo. Interrogan os veciños para saber se puido haber máis persoas implicadas.

Á espera de conclusións concluíntes, a investigación mantén abertas todas as hipóteses, desde un posible intento de suicidio ata unha grave agresión ou un intento de homicidio.


 

Noticias web

14/04/2021