CRTVG

Buscar

Investigan por secuestro o avó do neno que sobreviviu no accidente do períférico en Italia

Publicado o 13/09/2021 19:32
Investigan por secuestro o avó do neno que sobreviviu no accidente do períférico en Italia

A Fiscalía de Paiva investiga se Eitan, o neno que sobreviviu en maio ao accidente do teleférico en Italia, foi secuestrado pola familia paterna, tal e como denuncia a familia da nai, que ostenta a custodia do pequeno.

O neno de 6 anos foi trasladado a Israel nun avión privado en que embarcou co avó na cidade suíza de Lugano. O avó levou o neno aproveitando unha visita autorizada.

Eitan foi o único sobrevivente da traxedia do teleférico do Mottarone en que faleceron 14 persoas entre eles os seus pais , o irmán pequeno e os bisavós.

Dende o pasado mes de xuño, o neno vivía en Italia cunha tía paterna ainda que a familia da nai reclamaba dende Israel a súa custodia. A familia materna nega que se trate dun secuestro e afirma que actuaron polo ben do pequeno.

Noticias web

13/09/2021