CRTVG

Buscar

Investigan once persoas por condución temeraria durante unha concentración polos Canóns do Sil

Publicado o 22/06/2021 14:32

A Garda Civil de Tráfico de Ourense investiga once persoas por un presunto delito de condución temeraria mentres participaban nunha concentración o pasado mes de maio.

As imaxes difundidas a través das redes sociais serviron para identificar estas persoas que realizaban manobras que entrañan un perigo para a vida e a integridade física. Todos eles enfróntanse a penas de prisión que van dende os 6 meses aos 2 anos. 

Noticias web

22/06/2021