CRTVG

Buscar

Investigan o lanzamento de pedras contra vehículos desde unha ponte que conecta Vilagarcía con Catoira

Publicado o 06/04/2021 15:34

Aproveitando a escuridade da madrugada e o toque de recollida, unha ou varias persoas achegáronse ata esta ponte que conecta Vilagarcía con Catoira para lanzar pedras aos vehículos e incluso atravesalas no medio da estrada.

Algún que outro vehículo sufriu danos que puideron ter consecuencias moito peores. Os usuarios da estrada e os veciños xa transitan con medo pola zona.

Ata que non se coñezan os reponsables din que non van poder circular tranquilos. Unha vez que sexan identificados, os autores destes feitos poden ser acusados dun delito contra a seguridade viaria. 

 

Noticias web

06/04/2021