CRTVG

Buscar

O alcalde de Verín defende o proceso selectivo para unha praza no Concello, en que a súa filla sacou a mellor nota

Publicado o 09/06/2021 15:26

No Concello de Verin investigan a nota que sacou a filla do alcalde no proceso selectivo para acadar a praza de traballador social. Nesta comisión de control participan sindicatos e tamén membros do grupo de goberno.

A filla do alcalde foi a única que aprobou e cun exame case perfecto, 38 acertos de 40. O rexedor asegura que o proceso foi limpo, pero que con toda esta polémica a súa filla renunciará á convocatoria.

O alcalde, o socialista Gerardo Seoane, goberna en coalición co BNG. Dende o PP consideran sospeitoso o proceso e piden que se reptita. A comisión de control volverase reunir o venres para recabar máis iformación. Queren saber como se elaborou o exame e como e quen o custodiou.

 

Noticias web

09/06/2021