Investigan como puido arder o chalé onde se cometeu o crime de Asunta
Publicado o 11/10/2020 21:28
En Teo ardeu o chalé onde se produciu o crime de Asunta, hai xa sete anos. Temos un equipo desprazado alí. María Calvo, temos algunha novidade? Sabemos algo da orixe do lume?
Non, polo de agora é algo que se está a investigar. Un particular que viu as chamas alertou o 112 foi o primeiro en dar a voz de alarma. Axiña se achegou ao lugar unha patrulla da Garda Civil e o GES da Estrada. Levoulles tres horas e media acabar co lume que se estendeu con voracidade por case todo o inmoble.
Aínda que o lume non chegou á terceira planta toda a vivenda se viu afectada polo lume e parece que a estrutura quedou seriamente danada polas altas temperaturas que se chegaron a alcanzar no interior da vivenda.