CRTVG

Buscar

Investigan como posible caso de violencia machista a morte dunha parella en Manresa

Publicado o 30/07/2021 13:07
Investigan como posible caso de violencia machista a morte dunha parella en Manresa

Os Mossos d'Esquadra investigan a morte dunha parella nun descampado de Manresa onte. Tamén había unha nena de dous anos, que foi rescatada con vida. 

Todo indica que se trata dun novo caso de violencia machista. Os axentes cren que o home matou a muller e logo a calcinou. Despois suicidouse no interior do vehículo, onde estaba coa súa filla, que presentaba unha queimadura no brazo e que foi trasladada con vida ao hospital. 

Noticias web

30/07/2021