Investigan como crimes machistas dúas mortes violentas en Cataluña
Publicado o 19/05/2021 08:33

Crime machista en Corbera de Llobregat, o segundo en Cataluña nos últimos días. Un home matou a súa muller, de 42 anos, e despois suicidouse. Foi o fillo pequeno, menor de idade, quen atopou os corpos.
Tamén se investiga como crime machista o caso dos dous cadáveres achados antonte en Tarragona, un home de 56 anos e unha muller de 52, con sinais de violencia. A principal hipótese é que primeiro matou a muller cun disparo de arma de fogo e despois se matou el.