CRTVG

Buscar

Investigan o condutor do accidente mortal de Salceda por homicidio imprudente

Publicado o 23/03/2021 13:58

Aínda quedan pegadas na estrada de Salceda ao seu paso por Parderrubias do accidente en que morreu unha nai e os fillos de 13 e 6 anos. Agora o xulgado número 1 do Porriño abriu dilixencias contra o condutor do Renault Megane que chocou frontalmente. Investígano por un suposto delito de homicidio imprudente á falta de coñecer os resultados da análise de sangue para determinar os cargos aos que se enfronta.

A colisión foi neste punto da estrada, ás 10 da noite, nun tramo que os condutores din que non é seguro. O equipo de investigación e reconstrución da Escola de Tráfico da Garda Civil reconstruirá o accidente para determinar por que o condutor ferido invadiu parcialmente o carril polo que viaxaban María Luísa e os seus fillos cara a Salvaterra. O supervivente do accidente, un varón de 32 anos, permanece ingresado no hospital Álvaro Cunqueiro.


 

Noticias web

23/03/2021