CRTVG

Buscar

Investigan a un condutor de Lugo que se gravou a 190Km/h

Publicado o 16/04/2021 20:34

A Garda Civil xa busca a este condutor que se gravou mentres circulaba a 190 quilometros por hora nun tramo limitado a 90 da estrada LU-750 que une Meira e Baleira. O autor desta temeridade foi un mozo lucense e as imaxes foron compartidas primeiro na rede social de Instagram e logo difundidas por whatsapp.

Noticias web

16/04/2021