Investigan a morte dunha profesora malagueña que recibiu a vacina de AstraZeneca
• Sanidade estuda outros dous casos de trombos
A muller falecida en Marbella, de 43 anos e sen patoloxías coñecidas, acudira a Urxencias o mesmo día da vacinación cunha forte dor de cabeza, que os médicos achacaron aos efectos secundarios da vacina de AstraZeneca. Volveu días despois ao hospital, e xa lle detectaron unha hemorraxia cerebral. Chegaron a operala, pero non sobreviviu.
O caso levantou as alarmas da Axencia Española do Medicamento, que, á espera da autopsia, está tratando de averiguar se hai relación causal coa vacina.
Sanidade estuda outros dous casos de trombos en persoas que se vacinaron con AstraZeneca nos últimos 15 días. Os tres coinciden nunha diminución brusca do nivel de plaquetas en sangue. Pero de momento non hai evidencia de que sexa a vacina o que a produce.
As autoridades sanitarias insisten en que porcentaxe de casos sopeitosos en España é moi baixa: son tres entre case un millón de cidadáns que puxeron a vacina. A Organización Mundial da Saúde recomenda seguir usando o fármaco de AstraZeneca, porque din que é moito máis perigoso o virus que a vacina.