CRTVG

Buscar

Investigan a morte dunha muller de 35 anos como posible caso de crime machista en Zaragoza

Publicado o 23/05/2021 15:56

En Zaragoza investigan o asasinato dunha muller de 35 anos como posible caso de crime machista. Sería o sexto nesta semana.Os feitos ocorreron esta madrugada cando unha veciña alertou á policía de que un home estaba encaramado a unha fiestra.

Cando chegaron os axentes lanzouse ao baleiro. Na vivenda descubriron o cadáver da muller, acoitelada. El tiña unha orde de afastamento en vigor.

Noticias web

23/05/2021