CRTVG

Buscar

Investigan a morte dunha bebé de 14 meses que caeu desde un quinto andar en Málaga

Publicado o 03/04/2021 20:58

Conmoción en Málaga tras a morte dunha nena de tan só 14 meses. Faleceu no hospital onde estaba ingresada tras caer por unha ventá desde o quinto andar dun edificio.

Os tendais dos pisos inferiores amorteceron a caída pero non dabondo como para evitar que a menor ingresase en estado moi grave. A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer o acontecido.
 

Noticias web

03/04/2021