CRTVG

Buscar

Investigan a morte en Toledo dun profesor de 30 anos vacinado con AstraZeneca

Publicado o 13/04/2021 12:45
Investigan a morte en Toledo dun profesor de 30 anos vacinado con AstraZeneca

Investigan en Toledo a morte dun profesor de 30 anos por posibles trombos causados pola vacina de AstraZeneca. O home ingresou o venres con trombos moi graves polo corpo xusto despois de vacinarse e acabou falecendo onte pola mañá.

Dende o hospital avisaron o Ministerio de Sanidade e a Axencia Española do Medicamento do acontecido para que se analice o caso en detalle. En Castela-A Mancha son xa o 15 % dos profesores os que rexeitaron vacinarse coa primeira dose de AstraZeneca.

O falecido recibiu a homenaxe da comunidade educativa do centro onde traballaba.

 

Noticias web

13/04/2021